O Certame Literario de Vilalba é un premio de poesía en galego, que naceu no ano 1975 e se celebra cada 30 de agosto no Concello de Vilalba (Lugo). Está dotado con 7.000 euros en metálico e a publicación da obra premiada para o mellor poemario inédito escrito en lingua galega.