Pena Grande
Pena Grande é o xacemento paleolítico máis importante e monumental de Galicia, grupos de cazadores nómades acamparon baixo este potente afloramento rochoso de xeito estacional. Dende o seu asentamento privilexiado, ben protexido das inclemencias do frío da época, controlaron as migracións das grandes manadas de animais que cruzaban o territorio; Estes animais servíanlles de alimento, proporcionábanlles peles para refuxiarse e ofrecían hastas e ósos para facer puntas de lanza e agullas de coser.