Paseo fluvial e literario – Río Madalena

Nas proximidades do núcleo urbán atópase o paseo fluvial e literario do Río Madalena, un singular percorrido no que natureza e arte mestúranse. O traxecto discorre á beira do río Madalena conxugando nun mesmo espazo a beleza da típica paisaxe de ribeira co “Paseo dos Soños”, roteiro literario composto por unha serie de hectómetros literarios dedicados a escritores e artistas ilustres da zona. A auga e a vexetación da contorna do río Madalena xunto ás orixinais obras do paseo literario son os protagonistas dun paseo único que non podes perderche na túa visita ao municipio.

O itinerario está deseñado exclusivamente para facerse a pé e a súa dificultade é baixa. Realízase en lixeiro ascenso por un camiño perfectamente acondicionado, pavimentado e con varios bancos no seu percorrido.

O roteiro é lineal, duns tres quilómetros de lonxitude, parte do Muíño do Rañego e remata no Ponte dos Freires.

Nas inmediacións do Muíño do Rañego, rehabilitado no ano 2002, sitúase o primeiro hectómetro literario dedicado a Paco Martín que marca o inicio do “Paseo dos Soños”.

Ao longo do camiño crúzase o río varias veces por distintas pontes de madeira e, cada cen metros, descubriremos unha orixinal escultura do roteiro literario. Tamén poderemos ver pequenas presas e muíños, como o dos Pasos e o da Madalena.

Seguiremos avanzando ata atravesar unha diminuta illa na que se poden contemplar diversas especies de árbores e, pouco despois, chegaremos á praia fluvial da Área Recreativa da Madalena. Este espazo dispón de fonte, un amplo merendero, aseos e bar- cafetería onde merece a pena facer unha parada.

Retomando a camiñata, en aproximadamente un quilómetro, alcanzaremos o punto final do roteiro ao chegar á Ponte dos Freires.

 

Estrada Praia Fluvial 15
Vilalba 27820
Obten a dirección