Festa do Queixo de San Simón
Os amantes do queixo poderán gozar da celebración da Festa do Queixo de San Simón da Costa, que terá lugar, como cada ano, no concello de Vilalba. Ao longo de dous días, este delicioso produto gastronómico, típico dos concellos que conforman a comarca da Terra Chá e que está catalogado coa Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, será o protagonista indiscutible.
A Feira celébrase o primeiro domingo de abril, que non caia en día 1.