Liga Santaballesa

Escola Habaneira levantada a principios do século  XX, grazas ao impulso e donativos dos emigrantes vilalbeses que residían en Cuba.

A Liga  Santaballesa alberga no seu interior un pequeno museo que recrea o antigo centro educativo; cunha reconstrución da aula, das zonas administrativas da escola e da vivenda dos mestres.

Xunto á escola hai un pequeno xardín botánico con especies autóctonas galegas así, como orixinarias de Cuba e tamén se pode visitar nas proximidades unha curiosa recreación dun dolmen e dun poboado castrexo.

Ademais da liga  Santaballesa, atoparemos máis exemplos de escolas habaneiras esparexidas por todo o municipio. Destacan, entre outras, as escolas de  Lanzós, A Costa,  Goiriz e  Corvelle.

LU-861, 26, 27830 Villalba, Lugo, Galicia, España
Villalba 27830
Obten a dirección
LU-861, 26, 27830 Villalba, Lugo, Galicia, España
Villalba 27830
Obten a dirección