Festa dos Pepes
Arredor do 19 de marzo ten lugar na vila a Festa dos Pepes, unha celebración que nace co obxectivo de tratar de reunir a todos os Pepas e Pepes que viven ou visitan a comarca chairega.
Todos os anos un ilustre “Pepe ou Pepa” é o encargado de dar o pregón. Despois do encontro dos Pepes na rúa que leva o seu nome, celébrase un acto litúrxico cunha ofrenda, realízase unha ruta do viño e remata cunha cea e baile popular.