Albergue Turístico As Pedreiras
Albergue
O albergue As Pedreiras está situado en Vilalba (Lugo) e toma o nome do barrio no que se atopa, a só 50 metros do Camiño Norte de Santiago. Ten unha excelente situación xa que nas inmediacións atoparás restaurantes e cafeterías, centro médico, farmacias, supermercados e outras tendas.
Na súa contorna máis próxima hai tamén os lugares de maior interese turístico de Vilalba: Castelo dos Andrade, Igrexa de Sta. María, Auditorio e Conservatorio de Música, Casa da Cultura, Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, Praia Fluvial e zona deportiva.
No albergue Vilalba As Pedreiras ofrecemos unhas instalacións acolledoras e equipadas para que os peregrinos poidan descansar, relaxarse e recuperar forzas.
