Unha xoia centenaria no corazón de Vilalba, onde tradición e modernidade se atopan.
A vivenda situada na rúa Valeriano Valdesuso nº 2, no Concello de Vilalba, provincia de Lugo, é de especial interese como vivenda turística, xa que foi construída no ano 1906 e posteriormente foi obxecto dunha reforma moi especial, supervisada polo arquitecto municipal, na que se respectaron os materiais nobres, tanto na súa galería como na fachada e na estrutura xeral do inmoble.
A vivenda distribúese en dúas plantas:
Dispón dunha entrada principal na planta baixa (planta 0) e dunha primeira planta na que se atopan a cociña, unha zona de lavandaría, o comedor, un salón, unha biblioteca cunha colección de libros que inclúe edicións do ano 1800 e un baño con bañeira.
Na segunda planta sitúanse as 3 habitacións e os dous baños. A habitación principal, de uso dobre, dispón de baño en suite. As outras dúas habitacións teñen unha capacidade máxima de dúas e tres persoas respectivamente; esta última dispón de tres camas individuais. A habitación en suite conta, ademais, con espazo para unha cama supletoria. Deste xeito, a capacidade máxima da vivenda é de 8 persoas.
Tanto a entrada principal da casa como o faiado situado no cuarto andar non se consideran zonas destinadas aos hóspedes. A entrada será exclusivamente unha zona de paso e de aparcamento de bicicletas, que poderán deixarse no interior da adega situada debaixo das escaleiras.
A intención é que a vivenda se alugue na súa totalidade, independentemente de que a estancia sexa para 1 persoa ou ata un máximo de 8 persoas.
O proxecto empresarial tamén contempla a posibilidade de cesión do espazo para sesións fotográficas e eventos de carácter familiar ou profesional. No caso destas cesións, manterase sempre un aforo máximo de 8 persoas, co obxectivo de preservar o ambiente e garantir o bo estado do inmoble.






