A Carballeira de Belesar
Situada nunha contorna tranquila e rodeada de natureza, nunha finca de aproximadamente 4 hectáreas, con grandes carballos americanos, zonas verdes e moito espazo exterior para gozar e desconectar.
A casa ten unha capacidade máxima de 6 persoas e dispón de: 2 dormitorios, sofá cama, 1 baño completo, 1 aseo, wifi, xardín e amplas zonas exteriores e amplo aparcadoiro. As mascotas son benvidas e poden gozar do amplo espazo exterior da finca.
Por hixiene e para manter a casa nas mellores condicións para todos os hóspedes, non está permitido que as mascotas suban ás camas nin ao sofá.
