Casa Pizarra
Ideal para grupos de persoas ou familias que queiran pasar as fins de semana, así como para estancias de máis días.
Conta cunha superficie de 600 m². Alúgase completa para grupos de ata 12 persoas e consta de 5 habitacións de matrimonio e unha habitación dobre con camas xemelgas, tres cuartos de baño, un amplo salón-comedor e unha sala de estar, ambos con cheminea, así como unha cociña de leña e gas que dispón de todos os utensilios e electrodomésticos necesarios.
A casa está rodeada dunha extensa parcela de 2 hectáreas con xardín e un bosque nas proximidades. Ademais, tamén conta cunha pequena capela e un hórreo, tan característico de Galicia.
As túas mascotas tamén son benvidas.
