Dispravia
A experiencia de máis de 30 anos na distribución de produtos alimenticios e a necesidade de incorporar doces tradicionais elaborados de xeito artesanal ao gran mercado de distribución, fixeron de Celestino Graña a empresa Dispravia en xaneiro de 2000, co fin de recuperar as receitas máis tradicionais de Galicia, desde a famosa torta de améndoa, dende Santiago ata o sabor máis tradicional do roscón de Villalba.
O catálogo Dispravia ofrécelle toda unha selección de doces para presentar na súa mesa e deleitarse co máis xenuíno de Galicia. A innovación tamén está presente neste catálogo incorporando produtos como a torta de améndoa e chocolate ou a torta de queixo.
Todos os nosos produtos están elaborados de xeito tradicional e segundo unha tradición ancestral cuxa receita foi recollida polas vilas e aldeas da “Terra Chá” de Lugo. As materias primas coidadosamente seleccionadas fan que os nosos produtos gocen da máis alta calidade.
O coidado e dedicación que os nosos pasteleiros poñen na elaboración destas sobremesas convértenas nunha aposta segura de sabor.
