Hotel Vila do Alba**

Hotel**

Vilalba é a capital da comarca da Terra cha situada no centro da provincia de Lugo. Este concello de algo máis de 15.000 habitantes caracterízase por ser un lugar tranquilo e moi céntrico para todos aqueles que desexen gozar da súa hospitalidade xa sexa por traballo ou por descanso. O Camiño de Santiago pasa por Vilalba, sendo o final dunha fermosa etapa Abadín-Vilalba.

O hotel VILA DO ALBA escolleu este magnífico lugar pola súa excelente situación nas distancias e pola comodidade dos seus clientes, instalouse no corazón desta cidade nunha das súas principais rúas, onde podes contar con todos os servizos: autobús , taxi, centro médico, tendas e goza da súa gastronomía nos seus excelentes restaurantes ou bares de tapas.

O hotel VILA DO ALBA, que debe o seu nome a esta vila (Vilalba), ten 29 habitacións con baño, calefacción, teléfono, Wi-Fi, televisión, música por cable, praza de garaxe e, para a súa seguridade, acceso a todas elas por electrónica de tarxetas.

Campo da Ponte, 27-29 27800 Vilalba, Lugo, España
Vilalba 27800
Obten a dirección
Campo da Ponte, 27-29 27800 Vilalba, Lugo, España
Vilalba 27800
Obten a dirección