Novalux óptica e centro auditivo.
Óptica e centro auditivo.
En Óptica e Centro Auditivo Novalux somos especialistas en coidar a visión e a audición dos nosos pacientes.
Contamos co servicio de retinografía, topografía e control de tensión ocular. Realizamos adaptacións de lentes de contacto para resolver calquer defecto visual, incluído o control de miopía e a ortoqueratoloxía.
Especialistas en adaptación de axudas auditivas con valoración e proba sen compromiso.
Poderás atopar unha ampla selección de firmas de monturas de última tendencia, que se axustan ás propostas máis actuais acompañadas das lentes máis innovadoras, sempre co asesoramento e o mellor sorriso do noso persoal.
