Os queixeiros de Queixería CasLeiras afrontan este proxecto cun desexo emprendedor e unha actitude conservadora cara ao bo traballo tradicional que herdamos.
Estamos activamente ligados ao desenvolvemento dunha fabricación acorde co coidado do medio natural.
Escollemos unha formación técnica e específica no sector lácteo e, despois duns anos de experiencia en empresas de recoñecido prestixio no panorama lácteo galego, partimos co noso camiño coa constante preocupación por acadar un equilibrio entre tradicional e innovación.
Por este motivo, rexistramos a Queixería CasLeiras na DOP San Simón da Costa.
Cabanas s/n - Oleiros 27815 Vilalba, Lugo, Galicia, España