Situación
O municipio de Vilalba atópase ao norte de Galicia, no interior da provincia de Lugo.
Vilalba é a capital de “A Terra Chá”, a comarca máis extensa de Galicia, asentada sobre unha vasta planicie.
A vila foi e segue sendo un importante nó de comunicacións no que se cruzan varias vías. A súa localización estratéxica e as súas excelentes comunicacións converten a Vilalba no destino perfecto para explorar o municipio, a comarca e a zona norte de Galicia.
Como chegar
EN COCHE
Desprazarse en coche é a opción máis cómoda e rápida, posto que Vilalba dispón de inmellorables comunicacións. As principais vías de acceso son:
- A N-634 y la A-8 que comunica Vilalba en dirección norte con Mondoñedo – Oviedo e en dirección sur, con Baamonde (Begonte). Dende aí enlázase directamente coa N-VI e A-6 cara á Coruña, con posibilidade tamén de desviarse cara a Santiago de Compostela á altura de Guitiriz collendo a N-634.
- LU-541 y A-6 / N-VI conexionan a Vilalba con Lugo.
- La AG–64 / LU–861 y AC-564 conectan directamente Vilalba coas Pontes – Ferrol
- LU-120 que une a Vilalba con Meira.
EN AUTOBUS
Vilalba conta cunha estación de autobuses situada na rúa Lois Pena Novo que facilita
a conexión da vila coas principais cidades galegas e tamén con parte do estado. Actualmente a estación non conta con persoal de atención ao público.
Os horarios e frecuencias poden consultarse directamente nas seguintes compañías:
- ARRIVA, que une directamente a Vilalba coas principais cidades do norte de Galicia
(A Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela). Máis información en: arriva. gal - ALSA, que enlaza co resto do estado. Máis información en: alsa.es
EN AVIÓN
Se planificas vir en avión, organiza a túa viaxe tendo en conta os aeroportos máis próximos a Vilalba:
- A Coruña (LCG), a 85 km de Vilalba. Máis información en: aena.es
- Santiago de Compostela (SCQ), a 100 km de Vilalba. Máis información en: aena.es
EN TREN
Se decides trasladarte en tren, podes tomar como referencia a estación de tren e apeadeiros
máis próximos a Vilalba:
- Estación de tren Lugo. A 40 km. de Vilalba (LU-541 / A-6)
- Apeadeiro de Baamonde. A 15 km. de Vilalba (N-634 / A-8)
- Apeadeiro de Begonte. A 20 km. de Vilalba (LU-541 / CP-1611)
Máis información en: renfe.com
Cómo moverse
EN TAXI
O servizo de taxi 24 horas é unha das alternativas para desprazarse durante a estancia no municipio. A parada de taxis de Vilalba localízase na Praza de Suso Gayoso, fronte á Oficina de Turismo.
Tél.: 982 510 428