Auditorio municipal Carmen Estévez

Auditorio municipal

O Auditorio Municipal Carmen Estevez de Vilalba, construído no ano 1997, é obra do arquitecto César Portela. Sitúase nun edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal.

Conta cun aforo de 500 butacas nunha sala polivalente (auditorio, teatro, cinema, sala de concertos…), cunha sala de exposicións e catro locais de ensaio para as asociacións culturais da localidade.

Durante todo o ano leva a cabo unha programación cultural que dá un gran dinamismo á vila.

A venda de entradas para os eventos do Auditorio realízase na Casa da Cultura de Vilalba, no auditorio o mesmo día da actuación e a través de internet en: entradasvilalba.es

Rúa das Pedreiras, 5, 27800 Vilalba, Lugo, España
Vilalba 27800
Obten a dirección
Rúa das Pedreiras, 5, 27800 Vilalba, Lugo, España
Vilalba 27800
Obten a dirección