Liga Santaballesa
Escola Habaneira levantada a principios do século XX, grazas ao impulso e donativos dos emigrantes vilalbeses que residían en Cuba.
A Liga Santaballesa alberga no seu interior un pequeno museo que recrea o antigo centro educativo; cunha reconstrución da aula, das zonas administrativas da escola e da vivenda dos mestres.
Xunto á escola hai un pequeno xardín botánico con especies autóctonas galegas así, como orixinarias de Cuba e tamén se pode visitar nas proximidades unha curiosa recreación dun dolmen e dun poboado castrexo.
Ademais da liga Santaballesa, atoparemos máis exemplos de escolas habaneiras esparexidas por todo o municipio. Destacan, entre outras, as escolas de Lanzós, A Costa, Goiriz e Corvelle.