Area recreativa A Madalena

Area recreativa

A Madalena é unha área de recreo que abarca unha extensión de tres hectáreas a beira do río que lle da nome.

O enclave destaca pola súa praia fluvial con zona axardinada para o descanso, así como pola súa contorna de vexetación autóctona.

Dispón de varios equipamentos como merendero, fonte, parque infantil, bar- restaurante e unha boa infraestrutura de servizos acondicionada para a práctica deportiva e o lecer: piscina climatizada, piscinas exteriores, pistas de tenis, campos de fútbol e pista de fútbol 3×3, pista de voley praia, “half- pipe”, etc.

Pola Madalena transcorre o paseo fluvial, un percorrido duns tres quilómetros a beira do río que se inicia no “ Muíño do Rañego” ata alcanzar a ponte dos Freires.

Cómo chegar

A área Recreativa e praia fluvial da Madalena atópanse na parroquia de Mourence, a menos de dous quilómetros da vila.

Accédese dende o núcleo urbán de Vilalba pola estrada LU-861 dirección Ferrol, a pé, en coche e en autobús. Unha vez pasada a vila, cóllese o desvío que hai a man esquerda que sinaliza a praia fluvial, e a uns 250 metros atópase a paraxe, que dispón dun amplo aparcamento.

Estrada Praia Fluvial 15
Vilalba 27820
Obten a dirección
Estrada Praia Fluvial 15
Vilalba 27820
Obten a dirección